Paradela é un conxunto de veciños e casas, como todos os pobos, pero ten fermosísimas paisaxes, pedras increíbles, pulidas polo vento e a choiva; camiños recónditos que levan a todos os sitios e a ningures.

Paradela é un pobo pequeno situado na aba do monte Grande cerca da cidade de Ourense.
Dada a súa situación ten un clima suave porque está protexido polo norte e, consecuentemente, cando vai frío é máis suave que nas localidades veciñas e cando fai calor ten temperaturas máis frescas.
Poucas veces nos xuntáramos ata que Elena Arnaiz comenzou a organizar "xuntanzas" para comer, beber e rir. A primeira, un magosto na Aira de Abaixo, con Elena de organizadora. A segunda, no seu honor, un cocido no antroido, que foi cando o pobo decidiu darlle o seu nome a unha rúa.
A ASOCIACIÓN, NESTAS FESTAS DE NADAL, DESÉXALLES A TÓDOLOS SEUS VECIÑOS PRESENTES E AUSENTES UNHAS FESTAS CHEAS DE LEDICIA.
QUE SAIBAN QUE OS LEMBRAMOS, TODOS AQUELES QUE ,POR MOTIVOS DE TRABALLO, ESTÁN LONXE DA ALDEA QUE OS VIU NACER E MEDRAR, ENTRE ELES:
FLORA REQUEJO E FAMILIA,
OS FILLOS DA PEPITA: ALBERTO, MARICARME, PILARITA E FINA, EN BARCELONA; ELIAS E JOSÉ MANUEL EN FUERTEVENTURA.
ANA COFÁN E A SUA FAMILIA, EN RIBEIRA
NELI, NO FERROL.
E TANTOS OUTROS EN MADRID E RESTO DE ESPAÑA E TAMÉN NAS AMÉRICAS.
VAIA, PARA TODOS ELES UNHA APERTA AGARIMOSA.